FESTIVAIS

A súa longa e variada traxectoria musical permite a Cé orquestra Pantasma  facer acto de presenza nos máis diversos e floridos festivais que no mundo podemos atopar. A trangallada musical é feita sempre a pé de barra,  pretiño da xente para lograr un ambiente cálido e participativo.

Nos festivais onde hai varias bandas actuando, a Orquestra Pantasma   tamén conta coa posibilidade de facer a súa aparición entre grupo e grupo para que non pare a festa.