FESTAS, FEIRAS E ROMARÍAS POPULARES

A Orquestra Pantasma consigue transportarnos aos tempos en que nas nosas festas mais arraigadas todos eran partícipes e creadores do divertimento,  quedando a pasividade prácticamente desterrada do campo da festa: home orquestra e público  fúndense nun so bloque  logrando un clima único en cada ocasión.

FESTIVAIS

A súa longa e variada traxectoria musical permite a Cé orquestra Pantasma  facer acto de presenza nos máis diversos e floridos festivais que no mundo podemos atopar. A trangallada musical é feita sempre a pé de barra,  pretiño da xente para lograr un ambiente cálido e participativo.

Nos festivais onde hai varias bandas actuando, a Orquestra Pantasma   tamén conta coa posibilidade de facer a súa aparición entre grupo e grupo para que non pare a festa.

PARA OS NENOS

O marabilloso home orquestra adéntrase nesta ocasión no apaixoante mundo dos meniños, logrando na súa actuación a éxtase infantil, dando renda solta a participación total dos pequenos  e convertíndose eles nos auténticos protagonistas do espectáculo.

O divertimento está garantido grazas a un repertorio composto por melodías, xogos musicais e cantigas de diferente tipo: acumulativas, xestuais, imitación, creativas, danzadas… para que participen xogando, cantando e bailando todo o que lles pete… ata cair de cú!!!

PASARRÚAS

Cé orquestra pantasma como espectáculo en movemento que é, non podia pasar por alto o feito de desprazarse dun lugar a outro co seu arte musical, as prazas e rúas que vai percorrendo énchense dun sorriso sonoro capaz de espertar as almas máis insensibles. Os seus pasarrúas son, máis nin menos, que a ledicia da fantasia feita realidade.

FESTAS TEMÁTICAS

Poderás ver e disfrutar do marabilloso home orquestra facendo fermosos  pasarrúas e animando as prazas  en festas temáticas do máis diverso: medievais, da prehistoria, etnográficas, mariñeiras… sempre en contacto co público para lograr  unha maior implicación e participación no espectáculo.

OBRADOIRO INSTRUMENTOS MUSICAIS

A reciclaxe foi e segue sendo unha constante en todas a culturas. O apaixoante mundo dos instrumentos musicais non escapou ao reemprego de materiais e obxectos cotiás: a Orquestra Pantasma tampouco. Ela, como feito en si mesma de reciclaxe e transformación,  aproveita o seu saber para compartilo, buscando a musicalidade a través de recursos tanto naturais (canas, noces, avelás…) coma de refugallo ( chapas, tubos caixas…)  para transformalos en verdadeiros instrumentos musicais.

Algúns instrumentos a construir:

Mirlitón, Reque reque, Bata bate, Taranquexo, Pandeiro de caixa de pizza, Tambor de pelisco, Pau da choiva…

XOGOS POPULARES MUSICADOS

O  xogo popular tamén ten cabida no fantástico mundo do home orquestra, os xogos  de toda a vida como: a carreira de sacos,  o baile das sillas,  o lanzamento do ovo… son levados adiante nesta ocasión co ritmo e a ocurrencia de Cé orquestra Pantasma. Un xeito divertido, diferente e orixinal de disfrutar dos enredos da nosa cultura popular.

Algúns xogos:

Carreira de sacos, o tiro da corda, lanzamento do ovo, o baile das sillas, o baile do ovo…