PARA OS NENOS

O marabilloso home orquestra adéntrase nesta ocasión no apaixoante mundo dos meniños, logrando na súa actuación a éxtase infantil, dando renda solta a participación total dos pequenos  e convertíndose eles nos auténticos protagonistas do espectáculo.

O divertimento está garantido grazas a un repertorio composto por melodías, xogos musicais e cantigas de diferente tipo: acumulativas, xestuais, imitación, creativas, danzadas… para que participen xogando, cantando e bailando todo o que lles pete… ata cair de cú!!!