CATRO VELLOS MARIÑEIROS

Catro vellos mariñeiros, BIS
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. BIS

Ailalelo 

Os mariñeiros traballan BIS
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. BIS

Ailalelo …

Levo sardiña e bocarte, (traio sardiña e bocarte)
vendo xurelo pequeno. (tamén xurelo pequeno)
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiroBIS

Ailalelo ..

Esta entrada foi publicada en Cancioneiro. Garda o enlace.