CANCIONEIRO

Este recuncho con letras de cantigas é posiblemente o máis atractivo, necesario e sobre todo xustificado de toda esta xanela cibernética. Porque cantar é unha das accións máis satisfactorias que temos como seres humanos: cantar é o pracer do momento de encontro con outra xente; cantar é controlar a respiración aumentando a osixenación  do cerebro; cantar é articular os músculos do rostro e nos predispón favorablemente a sorir; cantar é memorizar e nos ofrece inconscientemente un desafogo á caricia emocional, ademáis, o canto ten libertado pobos enteiros e sobre todo cantar é importante porque

“cantando se alegran cielito lindo los corazones”.