Actuacións Entruido 2013 | Ce Orquestra Pantasma

Actuacións Entruido 2013

Chegou o entruido…comezámolo o sábado dous de febreiro no de San Pedro de Cangas onde estiveron tamén Lume de Caroso e Pelexo de Jaita e a cousa continúa…

Hoxe xoves de  comadres en Viana do Bolo na sobremesa da Asociación de Mulleres Rurais con posterior pasarrúas nocturno pola vila,  o dia seguinte…

Venres oito  á unha do medio dia iremos eu mais a orquestra ao Instituto Félix Muriel de Rianxo e polo serán a iso das oito e media  na Asociación de Veciños de Lavadores en Vigo.

Sábado de entruido ás seis da tarde iremos a Cangas do Morrazo, nas carpas das naves de Ojea facendo a nosa particular trangallada musical para os nenos.

Domingo de entruido desfrutaremos do entroido no Freixo, terra que viu nacer á orquestra pantasma pero nesta ocasión colgaremos os astromentos.

O luns de entruido iremos a Ourense, a iso das sete e media do serán na Praza Maior coa nosa música festeira para os nenos.

Martes de entruido  faremos o mesmo que o dia anterior pero en Pontevedra na Praza da Ferreria a iso das cinco da tarde, nesta ocasión coa temática Pirateira facendo tributo a  Benito Soto Aboal, o pirata máis bravo que tivo a nosa terra.  Estrearemos unha canción con baile incluido adicada ao Pirata da Moureira e ao seu barco A Burla Negra, e…como dixo o pirata xusto antes de morrer “adeus a todos, a función rematou” ata outra ocasión.

Esta entrada foi publicada en Novas. Garda o enlace.