A CAROLINA

A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dálle ó rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailache.
Bailei co meu amor (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.

A Carolina é unha tola
que todo o fai ó revés,
véstese pola cabeza
e díspese polos pés.

Bailaches Carolina?
Bailei no cuartel.
Dime con quen bailache.
Bailei co coronel (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, no cuartel.

O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.

Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.
Dime con quen bailaches.
Bailei co meu Xosé (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.

No curro da Carolina
non entra carro pechado,
namais entra a Carolina
co seu cocho polo rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.

Esta entrada foi publicada en Cancioneiro. Garda o enlace.